About Mosteiro de Santo Estevo de Atán

Religion, Monasteries, Interesting Places

O mosteiro de Santo Estevo de Atán é unha edificación relixiosa que se atopa na marxe esquerda do río Miño, na parroquia de Atán, no concello de Pantón, da que practicamente só queda a igrexa. Está situado preto de terras asolagadas polo encoro dos Peares en plena Ribeira Sacra. Dende o seu emprazamento, a media ladeira, pode contemplarse na outra beira do río, e máis ou menos á mesma altura, cara á esquerda, a igrexa de San Xoán da Cova. Foi declarado monumento nacional por Decreto 2496 do 23 de agosto do 1975.

Source From: Wikipedia
Pantón, Lugo, Galicia, España, 27532

Nearest places in Mosteiro de Santo Estevo de Atán